Os recortes de Defensa non afectarán á Brilat
Por Oskar Viéitez
O xeneral, Luis Cebrián Carbonell, novo responsable da Brilat Galicia, visitou este mércores o delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, dentro da xira de visitas que está a realizar aos representantes das institucións pontevedresas.
O novo xeneral trasladou a Cores Tourís a súa "satisfacción" por poder traballar en Pontevedra á fronte do seu novo cargo que compaxina co de comandante militar de Pontevedra e Ourense e "por poder mandar una unidad que lleva el nombre de Galicia".
Sobre o contencioso "ya cerrado" coas comunidades de montes da zona sobre a titularidade dos terreos que ocupa a base militar, Cebrián anunciou que está "estableciendo contacto" cos responsables de todas estas comunidades "con la idea inicial de saludarles y ponerme a su disposición".
Xa se reuniu con San Xulián e Vilaboa e están pendentes as comunidades de Salcedo e Figueirido.
"Las circunstancias actuales son francamente buenas", engadiu o xeneral Cebrián respecto aos litixios. Agora os comuneiros que están pendentes da dispoñibilidade do Ministerio de Defensa para asinar o convenio que fixa o canon pola ocupación dos terreos.
PLANS DE DEFENSA
O xeneral Cebrián tamén comentou que "las previsiones de reducción del Ejército no afectan de manera significativa, en absoluto a la Brigada, y por lo tanto no afecta a las unidades que tenemos desplegadas en la provincia de Pontevedra", limitando esta reestruturación deseñada por Defensa á "transformación en el procedimiento, estructura orgánica de los batallones que componen la Brigada, pero nada que afecte de forma importante ni siquiera de forma discreta a las personas que están actualmente destinadas en la Unidad", declarou.
MISIÿNS INTERNACIONALES
Con respecto ás misións, o xeneral Cebrián recordou que a Brigada aerotransportable, como todas as brigadas do Exército de Terra, entra nas rotacións dos distintos plans de despregamento nas operacións no exterior.
"Parece previsible que en un futuro, todavía con fecha no determinada se despliegue cuando corresponda en la operación de asesoramiento que se está llevando a cabo en Mali", informou o xefe da Brilat, que dixo non dispoñer aínda da data. "En todo caso todo nuestro adiestramiento y preparación bascula en torno a las operaciones para las que estamos designados y esa en concreto estamos en ella desde atrás con objeto de ir a la misma con el mejor estado", dixo.
VISITA A PONTEVEDRA
O xeneral Carbonell explicou ao alcalde que xa coñecía Pontevedra posto que acompañou a Felipe de Borbón durante a súa visita oficial á cidade do Lérez no ano 1998. "Eu estaba na oposición aínda e el acudía como axudante do Príncipe de Asturias", dixo o rexedor capitalino.
Fernández Lores expresou o seu desexo de que a colaboración entre institucións "sexa perfecta" e agradeceulle o traballo que a Brilat fai xunto co Concello en distintos eventos deportivos e festivos e brindou a axuda municipal "para aquelas actuacións que precisen e espero que estea a gusto durante estes catro anos".
Igualmente Cores Tourís agradeceu ao novo mando da base militar de Figueirido o seu interese por manter este encontro "que espero sexa a primeira de moitas reunións cordiais e de traballo" destacando a boa relación institucional "que sempre mantivemos" coa Brigada de Infantaría Lixeira Galicia VII.