Comisións Obreiras "rearmase" tras facer exame de conciencia
Por Oskar Viéitez
Coa mirada posta no negro horizonte, Comisións Obreiras utilizou o seu congreso comarcal para "rearmarse ideolóxicamente e combater a difícil situación que estamos vivindo".
José Luís García Pedrosa repetirá outros catro anos á fronte da secretaría xeral.
Para o que será o seu terceiro e último mandato anuncia tres eixes de actuación: facer un sindicato máis participativo, potenciar o compromiso dos militantes e mellorar a organización.
Pedrosa afirma rotundo que "a dereita económica ten como un dos seus obxectivos a destrución dos sindicatos". Fronte a isto o secretario comarcal pontevedrés ten clara a necesidade de "formar mellor aos sindicalistas, sobre todo ideolóxicamente", afirmou.
Este argumento xunto á "agudización da loita de clases" centrou boa parte dos discursos dos participantes neste congreso comarcal.
A "unidade de acción" tamén se reclamou como "imprescindible" para afrontar os problemas dos traballadores. A presenza dos secretarios comarcales de UXT e CIG, Ramón Vidal e Rafael Iglesias, respectivamente, evidenciaron que esta máxima é compartida por todas as centrais sindicais.
Outro exemplo de que as cousas cambiaron foi a participación do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que durante anos estivo enfrontado co Comisións Obreiras polas súas discrepancias respecto de ENCE. Na súa intervención Lores dixo sentirse "moi a gusto" xunto aos representantes de CC.OO.