Pontevedra acumula 15 días seguidos de choiva e o prognóstico apunta que serán máis
Por Oskar Viéitez
No que levamos de mes de outubro a cidade de Pontevedra acumula 434 litros por metro cadrado segundo rexistrou a estación meteorolóxica de Campolongo.
Na comarca de Pontevedra leva chovendo quince días seguidos e Meteogalicia avanza que serán uns cuantos máis porque Galicia segue na influencia das borrascas, con ventos do suroeste.
Así, os ceos estarán parcialmente cubertos con choivas intermitentes, localmente treboentas, máis frecuentes e intensas pola tarde. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente mentres que as máximas non experimentarán cambios significativos. O vento soprará moderado do suroeste, con intervalos fortes no mar.
No últimos tres días as mareas vivas de lúa chea están a causar problemas en toda a comarca con inundacións e desbordamentos coincidindo coa pleamar, como sucede na autovía de Marín onde a calzada sofre a invasión da ría.
En canto ao río Lérez, a estación de aforos de Bora rexistrou este domingo un caudal medio de 203,9 metros cúbicos, con picos de 385,4. Na última semana o nivel da auga subiu dos 3,5 metros de altura aos 5,4 con picos de 6,7 metros.
Relacionadas:
-
Unha enchente de borrascas desbocadas marcaron o outono
Por Mónica Patxot & Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Unha previsión que asusta: vén unha cicloxénese explosiva con forte vento
Por Oskar Viéitez |
-
Finaliza o episodio de vento e choiva cun total de 456 incidencias
Por Oskar Viéitez |
-
E Combarro converteuse en Venecia
Por Oskar Viéitez |
-
A borrasca Celine deixa múltiples incidencias
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada