Denuncian 13 mozos por consumir ou levar droga ao colexio e deteñen a dous dos seus subministradores
Por Natalia Puga
Durante o ano 2013 a Policía Local de Pontevedra volveu centrar parte da súa labor de prevención da venta e consumo de drogas no entorno dos centros escolares e obtivo como resultado a detención de dous individuos considerados habituais subministradores de estupefacientes aos escolares e a denuncia de 13 mozos por consumir ou levar enriba estas sustancias prohibidas nos colexios.
Os dous detidos caeron en dous operativos distintos e acúsaselles dun presunto delito contra a saúde pública na modalidade de tráfico de drogas. Un deles estaba ben equipado para suministrar de estupefacientes os centros educativos, pois o seu arrestro incluiu a intervención de 700 gramos de haxíx e 250 de marihuana.
En canto aos consumidores, os axentes municipais denunciaron en 2013 a 13 personas, seis por consumo e sete por tenza de drogas nos entornos escolares. Como no caso dos detidos, as substancias coas que andaban eran haxíx e marihuana e, unha vez detectados e sancionados, a Policía Local interviulles un total 18 gramos de haxíx e 44 de marihuana.
Os datos forman parte da memoria anual de actuacións da Policía Local, que recorda que os consumidores pódense someter a un plan de rehabilitación e a súa sanción quedará sen efecto e no último ano notouse un importante incremento dos rapaces que pasan por estes programas.
A Policía Local detectou en 2013 un caso de acoso escolar e 21 de absentismo
As actuacións policiais nos entornos escolares non se limita á prevención do uso das drogas, senón que se deseñou un programa no que se detectan tamén situacións relacionadas coa xestación de pandillas violentas, con situacións de acoso escolar e coa violencia en xeral. En total, no último ano realizaron 83 controis en oito centros distintos, fundamentalmente na hora do recreo.
No marco dos controis para a detección de situacións que poidan entrañar desatención ou abandono dos menores por parte dos pais, os axentes detectaron 21 casos de absentismo escolar. Neste caso, o procedemento a seguir é por os feitos en coñecemento das institucións de protección de menores ou incluso do xulgado cando resulta pertinente. Ademais, o ano pasado detectouse un caso de acoso escolar e localizáronse tres menores fugados.
108 DENUNCIAS POR DROGAS NA RÿA
Dentro do plan estratéxico de prevención específicos de venta e consumo de drogas en espazos públicos (tanto rúas como locais de ocio), os axentes municipais colaboraron o ano pasado en varios operativos coa Policía Nacional .Nas actuacións propias, formalizaron un total de 108 denuncias por consumo ou tenza de drogas na vía pública, das cales 79 foron por levar enriba esas substancias e 29 por consumilas.
Nestes operativos, os axentes locais imputaron a 20 persoas por delitos de tráfico de droga, das cales nove foron detidas e 11 imputadas, pero quedaron en liberdade á espera de pasar a disposición xudicial. Entre subministradores e imputados (incluidos os casos detectados nos colexios), os axentes interviron 996 gramos de haxíx, 16,6 de cocaína, 2,20 de heroína, 100 pastillas de anfetamina e 3,39 kilos de marihuana.
Realizaron tres operativos nun cano no ámbito da Ferrería con catro persoas imputadas
Parte destes arrestos e intervencións de drogas enmárcanse nas tres actuacións realizadas polos axentes municipais no entorno da praza da Ferrería e os xardíns de Casto Sampedro en resposta á "alarma social con reiteradas queixas dos veciños" sobre grupos de persoas que se xuntan nas inmediacións. Resultaron imputadas catro persoas por un presunto delito contra a saúde pública e levantáronse actas por consumo e tenza de drogas na vía pública.
Un destes operativos derivou nun rexistro domiciliario que xa realizou a Policiá Nacional coa orde xudicial pertinente e no que se detiveron dúas persoas e se incautaron 83 gramos de cocaina, 262 gramos de sustancia de corte, 59 gramos de haxíx, 162 gramos de marihuana, 4.400 euros en metálico e dúas balanzas de precisión.
Outras das operacións importantes de 2013 foi a imputación de tres persoas como responsables dunha plantación de marihuana nun monte de Ponte Sampaio e outros seis casos que foron derivados á Policía Nacional, un deles por unha investigación dun club de marihuana que se saldou con tres detidos e a intervención de máis de cinco quilos de marihuana e dúas plantacións.
Relacionadas:
-
A vixiancia dos centros escolares, obxectivo prioritario para a Policía Local
Por Oskar Viéitez |
-
Identifican seis persoas e imputan a dúas por trapichear no ámbito da Ferrería
Por Natalia Puga |
-
Identifican tres veciños de Ponte Sampaio por plantar marihuana nun monte comunal
Por Natalia Puga |
-
A Policía local desartellou un punto de venda de drogas no centro de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Imputan un mozo de 18 anos por vender haxíx preto dun colexio da zona da Xunqueira
Por Natalia Puga |