Stock Pontevedra empeza con bo pé e prevé, como mínimo, igualar as vendas de anos anteriores
Por Natalia Puga & Diego Torrado
A feira de oportunidades Stock Pontevedra encara este domingo as súas últimas horas aberta ao público con "buenas sensacione" por parte dos organizadores e unha previsión de que, polo menos, se alcanzará a cifra de visitantes da anterior edición e se equiparará o volume de negocio das 60 empresas participantes.
A organización aínda carece de cifras oficiais de asistencia a esta duodécima edición, pero responsables do Centro Comercial Urbano Zona Monumental sinalaron que durante as dúas primeiras xornadas de feira (o venres 31 e o sábado 1) "hubo un poco más de gente que el año pasado".
Segundo explicaron, non houbo momentos de grandes aglomeracións, pero o recinto de 5.000 metros cadrados do recinto feiral de Pontevedra si estivo "lleno", en especial, durante a tarde do sábado. Ademais, nas primeiras horas deste domingo "hubo gente durante casi toda la mañana" e espérase que ao longo da tarde chegue o maior número de asistentes, pois "por los años anteriores, el domingo suele ser el día de más gente".
Os comerciantes que participan nesta feira non achegan datos da cifra de venda aos organizadores, pero si fan un balance e, segundo as mesmas fontes de Zona Monumental, "los comentarios que nos hicieron es que van bastante bien, igualando las venta del año pasado". De feito, "muy pocos dijeron que les vaya peor".
A feira pechará as súas portas ás 21.00 horas deste domingo e o luns previsiblemente coñeceranse cifras finais de asistentes. Durante o ano 2013, alcanzaron as 20.000 persoas nos tres días de feira e o número de asistentes si se pode concretar, pois os compradores deben comprar unha entrada para acceder.
O tícket para entrar custa 1,50 euros e dá dereito a percorrer toda a feira e a un servizo de gardaría de balde para os nenos. Ademais, a organización (Zona Monumental, Aempe e a concellaría de Promoción Económica de Pontevedra) incluíu un servizo de cafetaría.
Relacionadas:
-
Os 'stocks' volven do 6 ao 8 de febreiro
Por Redacción |
-
Stock Pontevedra fai un exitoso balance de público e de vendas
Por Oskar Viéitez |
-
Stock Pontevedra, máis barato que na Teletenda
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
60 comerciantes venderán os seus excedentes en Stock Pontevedra para "salvar un año catastrófico"
Por Natalia Puga |