Poio contará cun roupeiro municipal para axudar ás familias con dificultades

Por Redacción
En marcha o roupeiro municipal no Concello de Poio que buscará atender, apoiar e axudar ás familias con dificultades do municipio.
Ademáis, con esta iniciativa fomentan a economía circular e potencian o uso de roupa de segunda man, dando unha segunda vida a prendas ou artigos que outras persoas xa non utilizan.
"Con esta iniciativa queremos dar resposta a unha necesidade real e urxente que teñen algunhas familias do noso concello, ao tempo que fomentamos e potenciamos o uso de roupa de segunda man, reducindo así o número de desfeitos", sinala a concelleira de Benestar e Igualdade, Natividad Torres.
Neste senso, considera que con este servizo "non só se benefician as persoas que reciben as prendas, senón que tamén beneficia a aqueles que buscamos un lugar no que entregar a roupa ou, incluso, outras pertenzas que están en bo estado pero que xa non nos son útiles e que non sabemos que facer con elas".
Segundo explica a edil, este servizo está destinado a usuarios derivados directamente desde o departamento de Servizos Sociais, persoas en situación de especial vulnerabilidade e que asinan un documento comprometéndose a non revender a roupa que se lle dona.
Para facer as doazóns, poden entregalas ou informarse no Pazo Besada, onde ademais de roupa e calzado poden entregarse artigos como roupa de cama, sillas, artigos para bebés, mochilas... coa condición de que estea todo en bo estado e limpo.
A propia concelleira e a educadora familiar encárganse de seleccionar a roupa, comprobar que estea en boas condicións, que non teña ningún descosido ou manchas.
Para acoller o roupeiro municipal habilitaron un espazo propio na Casa Rosada, un lugar que permite organizar toda a roupa e ofrecer un servizo cómodo para os usuarios.
Esta nova iniciativa, que nace para funcionar durante todo o ano, súmase a outras accións que están desenvolvendo desde a concellería de Benestar, como a recollida de xoguetes polo Nadal ou as axudas de emerxencia que se ofrecen desde o departamento para as familias máis vulnerables.
Relacionadas:
-
Reveladas as cinco gañadoras do concurso de tarxetas de Nadal de Poio
Por Redacción |
-
Escolares de Poio pintan e decoran as Aldeas de Nadal
Por Redacción |
-
Volven as "Caixas da ilusión", en beneficio das familias máis vulnerables de Poio
Por Redacción |
-
Persoas con autismo farán a tarxeta de felicitación do Nadal do Concello de Moraña
Por Oskar Viéitez |
-
Abertas as inscricións para participar na andaina benéfica 'Ruta dos Pobos'
Por Redacción |
-
En marcha a campaña "Ningunha crianza sen xoguete" do Concello de Poio
Por Redacción |
-
Poio aposta por unha programación de Nadal "pensado para devolver a ilusión por estas festas"
Por Redacción |