Minuto de silencio polas 20 persoas que perderon a vida nas estradas pontevedresas este ano

Por Redacción
A sede da Xefatura Provincial da Dirección Xeral de Tráfico en Pontevedra foi este luns o lugar elixido para lembrar as vítimas de accidentes de tráfico da provincia e gardar un minuto de silencio polas 20 persoas que perderon a vida nas estradas da provincia no que vai de ano.
Con motivo do Día Mundial en Memoria das Vítimas de Tráfico, a Subdelegación do Goberno en Pontevedra organizou un acto presidido pola subdelegada en funcións, María Isabel Alonso, e coa presenza da responsable provincial de Tráfico, Paula Yubero; o coronel da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, Simón Venzal; o comisario provincial da Policía Nacional, Juan José Díaz; e a presidenta de Ponte a Conducir, Alba María González.
Ata o 15 de novembro de 2023 rexistráronse 19 accidentes mortais en accidentes de tráfico nas vías interurbanas de Pontevedra, o que implica un aumento en 8 accidentes con respecto ao 2022, onde se rexistraron 11.
En relación coas vítimas mortais contabilizáronse 20, unha cifra superior ao mesmo período de 2022. O número provisional de feridos graves ascende a 83 e a 1.137 o de feridos de carácter leve.
Os datos relativos ao número de accidentes mortais producidos neste 2023 son moi similares aos das anualidades precedentes ao ano 2022. De feito, nos anos 2019, 2021 e 2023 rexístrase o mesmo número de accidentes mortais (19), sendo superior en dous na anualidade do 2020, onde rexistráronse 21.
Nos meses de agosto e abril do ano 2023 non se rexistrou ningún accidente mortal na provincia, sendo o mes de outubro o mes no que rexistrou un maior número de falecidos (4).
En relación co número de accidentes con vítimas figura un aumento de 56 accidentes con vítimas no ano 2023 con respecto ao ano 2022. Tampouco existen diferenzas destacables no número de accidentes con vítimas con respecto ás anualidades 2020, 2021 e 2022.
Relacionadas:
-
Chalecos reflectores para tomar conciencia e protexer os peóns ante a preocupación polos atropelos
Por Redacción |
-
Preocupación nas autoridades de Tráfico polo aumento de alcoholemias positivas en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Activado o plan para que sexa seguro circular polas estradas de Pontevedra no inverno
Por Redacción |
-
Tráfico intensifica os controis co Nadal "para que todos poidan volver coas súas familias"
Por Natalia Puga |
-
Os accidentes de motocicleta e os condutores con infraccións reincidentes, cabalo de batalla para mellorar a seguridade viaria
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A sinistralidade redúcese nas vías de Pontevedra, que se cobraron 21 vidas en 2021
Por Natalia Puga |