O temporal deixa as praias sen area
Por Oskar Viéitez
O temporal que azoutou o litoral galego este fin de semana deixou tamén importantes estragos en numerosas praias das Rías Baixas.
Os areais de Sanxenxo e O Grove foron especialmente castigados pola forte ondada. Praias como a de Bascuas, cuxa imaxe acompaña esta información, perderon gran cantidade de area.
A concellaría de Medio Ambiente de Sanxenxo, está a elaborar un extenso informe no que se recolle unha extensa relación de danos no litoral. O Espiñeiro-A Lanzada, Major, Foxos, Pragueira, Bascuas, Paxariñas, Baltar, Canelas, mesmo Silgar. Ningunha se salva desta lista de damnificados.
A estas hai que sumar as praias de Carabuxeira e Lavapanos, que xa foron victimas da forza do mar nas pasadas semanas.
Relacionadas:
-
Inician a reparación da pasarela de Chancelas, danada polos temporais
Por Redacción |
-
O BNG urxe o Goberno a repoñer a area das praias afectadas polos temporais do inverno
Por Redacción |
-
Sanxenxo cuantifica en 123.000 euros os danos causados polos temporais en 18 praias
Por Redacción |
-
A rexeneración da praia de Carabuxeira levará consigo a construción dun espigón rampla
Por Redacción |
-
Preocupación en Sanxenxo pola imaxe "desoladora" que deixou o temporal nas súas praias
Por Redacción |