25N | Parón institucional en Poio contra "a forma máis extrema de discriminación"
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Poio, Ángel Moldes, xunto con membros da corporación e do Consello Municipal da Muller, participou este venres no parón institucional e na lectura do manifesto para conmemorar o Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres.
O manifesto identifica á violencia contra as mulleres como "a forma máis extrema de discriminación, con graves consecuencias físicas, sociais, económicas e psicolóxicas sobre as mulleres, a curto e longo prazo, que lles impiden participar plenamente e en condicións de igualdade na sociedade".
O Concello de Poio asume que todas as institucións e poderes públicos "temos o deber de adoptar as medidas necesarias para combatela".
Neste manifesto, Poio lembra a todas as vitimas desta lacra, en especial a Beatriz Lijó, de 47 anos, e Ana Vanesa Serén, de 44 anos, ambas asasinadas este ano en Galicia polas súas exparellas. "Os seus asasinatos son a expresión maior desta barbarie machista, que deixa un regueiro de vítimas".
"Desgrazadamente, fronte a esta realidade tráxica e incontestable, esténdense discursos que banalizan ou negan a violencia machista", é por iso que o Concello entende "absolutamente necesaria" a reacción "unánime" de todos: identificando esta violencia, recoñecendo as súas sinais, "facendo recaer o peso da lei e da sociedade unida sobre quen a exerce e rexeitando de forma contundente a quen a xustifica e a quen ostenta actitudes que a promoven".
Por último, también salienta esta declaración que "cómpre rexeitar tamén a indiferenza, a pasividade ou a tolerancia, actitudes cómplices desta violencia que favorecen o mantemento de situacións de desigualdade e discriminación intolerables nunha sociedade avanzada e democrática como a nosa".
Relacionadas:
-
A princesiña que precisa axuda e a guerreira sexy con pouca armadura
Por Oskar Viéitez |
-
25N | Rueda demanda en Soutomaior "tolerancia cero" no acto institucional do Día contra a Violencia de Xénero
Por Redacción |
-
25N | O 7,5% das vítimas de violencia machista que acoden ao CIM de Vilagarcía son menores de 24 anos
Por Redacción |
-
25N | O alumnado do CEIP San Xoán Bautista concéntrase en repulsa da violencia de xénero
Por Redacción |
-
25N | Moraña esixe "unión, suma de forzas e implicación" para erradicar a violencia machista
Por Oskar Viéitez |
-
Estudantes de Poio fan unha análise crítica sobre o que consumen na rede
Por Redacción |
-
O uso das novas tecnoloxías pola mocidade será obxecto de atención nos actos do 25N en Poio
Por Redacción |
-
A campaña contra as violencias machistas comezou polo alumnado do instituto de Poio
Por Redacción |
-
A prevención das violencias machistas na adolescencia, principal eixo da campaña do Concello de Poio para o 25N
Por Oskar Viéitez |