A atención primaria pontevedresa necesita sete médicos de familia "para estar nunha situación ideal"
Por Natalia Puga
O xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Flores, recoñeceu este luns que en atención primaria teñen "unha situación que aínda non é a ideal" en canto a persoal, con falta de profesionais en moitos centros de saúde, en especial, no relativo a pediatría, pero tamén en medicina de familia.
Así, asegurou que nestes momentos, fronte á situación dun ano atrás, esta área sanitaria "temos máis xente", algunha que chegou desde outras áreas sanitarias e comunidades autónomas. A pesar de todo, a atención primaria "ten moito que camiñar".
A modo de resumo, asegurou que a área sanitaria precisa sete médicos de familia "para estar nunha situación ideal". As prazas máis complicadas de cubrir son as de horario de tarde. No centro de saúde Virxe Peregrina, por exemplo, faltarían tres en horario de tarde "desde hai meses".
Contas á parte teñen os pediatras, pois non hai profesionais para cubrir as vacantes.
En canto aos puntos de atención comunicada (PAC), quedan "poucas prazas sen cubrir" e a situación solucionarase con "dous ou tres" profesionais.
A pesar de que "aínda hai prazas sen cubrir", insisten en que, a nivel dos PAC, "a día de hoxe non ocorre" o que sucedía o ano pasado.
Relacionadas:
-
Fundamed concede o selo de calidade ao servizo de Farmacia do complexo hospitalario
Por Redacción |
-
Anuncian a incorporación de cinco novos médicos de familia para os centros de saúde da área sanitaria
Por Redacción |
-
A área sanitaria, ante o reto "moi difícil de lograr" de reducir as listas de espera a cifras pre pandemia
Por Natalia Puga |
-
O Complexo Hospitalario de Pontevedra recibe o 'Best In Class' ao mellor hospital de alta complexidade
Por Redacción |