Pontevedra Viva!

Adrián Estévez Iglesias

Adrián Estévez Iglesias (Pontevedra, 1983) estudou un ciclo superior de artes gráficas no IES Montecelo, Maxisterio de Primaria na Universidade de Vigo e o grao en lingua e literatura galegas na Universidade de Santiago de Compostela. Publicou relatos curtos en revistas e fanzines, ás veces baixo pseudónimo, e traduciu ao galego a novela de John Fante A irmandade da uva (Editorial Hugin e Munin, 2013). Escribe tamén na revista dixital Cicloxénese expresiva. Colabora no Liceo Mutante e xoga ao fútbol gaélico. É administrador da Wikipedia en lingua galega, e gústalle conducir e sacar fotos. Vive en Figueirido.