Pontevedra Viva!

Andaríns do Val do Lérez

Andaríns do Val do Lérez é unha asociación cultural e de defensa ambiental, sen ánimo de lucro que ten como fins principais o fomento, estudo, promoción, divulgación e desenvolvemento de actividades relacionadas coa natureza.

Participamos, colaborando e aportando datos de interese ás catalogacións que están realizando outras asociacións en prol da preservación e estudo do medio natural e da riqueza inmaterial do medio onde nos movemos.

Para levar a cabo estes fins organizamos actividades como son: saídas de campo, valoracións etnográficas, camiñadas e sendeirismo, con documentación fotográfica, nas que tentamos aportar os coñecementos que temos sobre o medio.

Levamos varios anos facendo estas actividades ata que decidimos, a primeiros de 2014, legalizar a asociación dende a que empezamos a divulgar parte dos contidos que fomos acumulando, xa que pensamos que deberían chegar a cantas mais persoas mellor. Motivo polo cal imos elaborando estes primeiros apuntes co titulo "Animais que están a desaparecer", sendo a principal intención do traballo, unha reflexión para poñer en valor especies que por unha causa ou outra están diminuíndo e incluso, nalgúns casos, xa se nota unha perda importante.

Sempre coa idea de que os mais novos coñezan estas especies, as respecten, se divirtan e se enriquezan de coñecemento sobre a natureza que poden atopar en calquera lugar.

Blog: andarinsdovaldolerez.blogspot.com

Facebook: Andaríns do Val do Lérez