Pontevedra Viva!

Jesús Iglesias

Nacido en Pontevedra no ano 1981 e licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 2003, Jesús Iglesias desenvolveu boa parte da súa carreira profesional como informador e comunicador na cidade do Lérez. Tras escribir as súas primeiras notas de prensa para a Axencia Galega de Noticias (AGN), en 2005 pasou a formar parte do persoal de Diario de Pontevedra, xornal local no que permaneceu durante case dez anos. Aínda que comezou sendo o responsable de áreas como Sanidade e Educación, foi asumindo aos poucos a cobertura informativa das seccións de Municipal e Política, ámbitos de especialización cun maior peso dentro da cabeceira e para os que, durante cinco anos, escribiu a maior parte das súas noticias, crónicas e entrevistas. Este período marcou tamén o desenvolvemento da súa faceta máis creativa, converténdose nun rostro habitual das contraportadas e a páxina web do xornal coa súa columna de opinión semanal ‘Diamantes en Bruto’. Á marxe da súa ampla experiencia como informador, que inclúe unha etapa como xornalista xudicial, Iglesias tamén traballou como asesor de comunicación do Colexio de Médicos de Pontevedra e o Consello Galego de Colexios Médicos