Pontevedra Viva!

Marga Díaz

Nacín en Pontevedra, aínda que son ourensana por parte de pai e soriana por parte de nai.

Licencieime en Ciencias Económicas e Empresariais e exercín nese ámbito dando clases e impartindo cursos de formación, ata que comecei traballar no Instituto Nacional de Estadística onde continúo hoxe en día. Actualmente estudo o último curso do Grao de Turismo (a falta de inglés para rematar o grao).

Desde 2018 son autora de reportaxes de viaxes para a revista NATIONAL GEOGRAPHIC. Anteriormente colaborei con algún artigo para o portal web especializado na Ribeira Sacra e publico habitualmente no xornal dixital PONTEVEDRA VIVA. Tamén publiquei artigos en prensa especializada no mundo canino: O MUNDO DO CAN (prensa escrita de ámbito nacional) e TODOBOXER (revista dixital). No meu blogue de viaxes https://viajesvagalume. blogspot.com/ tento reflectir as miñas impresións sobre os mellores destinos que fun visitando. Actualmente comecei outro blogue https://viajesyanimalillos.blogspot.com/ sobre os meus animais favoritos: felinos, aves rapaces, lobos e cans, onde podo recoller as miñas experiencias con estes fantásticos animais e a necesidade de concienciar no seu coidado e preservación.