Pontevedra Viva!

Marisa Lozano Fuego

Marisa Lozano Fuego (María Luisa Carrillo Lozano) nace en Pontevedra, o 13 de Febreiro de 1981. Licenciada en Psicoloxía pola USC, e co DEA en Filosofía e Hermenéutica. Desde nena, a literatura ocupa un lugar esencial no seu ser. A persoa do seu avó, docente e inspector de ensino medio, Manuel Lozano Fuego, contribúe a este feito. En Oviedo, lugar de residencia dos seus avós, Marisa sempre visitaba esta gran biblioteca, henchida de cultura e soños, e pasaba todos os veráns e nadal empapándose de palabras. Á morte do seu avó, adopta como apelido literario o del, en homenaxe á súa memoria. A súa avoa materna e a súa nai, docentes e amantes da palabra tamén, seguiron estimulando esta faceta durante toda a súa vida.

No 2015 publica o seu primeiro poemario en solitario, titulado VESANIA coa editorial Cardeñoso, en castelán, con temática variada e estrutura clásica. Posteriormente participa en diversas antoloxías poéticas en galego co grupo Roteiro das Artes, conducido por José Estévez, e participa en diversos recitais culturais onde se mesturan a música, o verso e o teatro, así como as artes plásticas, co mesmo grupo.

Marisa escribe prosa, diálogo e artigos de opinión de temática social. Actualmente é membro da Asociación de Escritores e Artistas españois, e participou en recitais con este grupo así como na exposición de "Veranee con arte", expoñendo dúas das súas fotografía.

Marisa cursa actualmente Filoloxía Hispánica na UNED Pontevedra, obtivo o diploma B2 de Inglés e actualmente estuda o nivel C1 no mesmo centro.