Pontevedra Viva!

Marta Guirado

Son arquitecto e licenciada en antropoloxía social e cultural e imparto clases de expresión plástica para nenos na asociación cultural Taller Abierto. Considérome unha persoa curiosa, interesada pola arte nas súas múltiples opcións e con inquedanzas culturais. Teño un blog con contidos de escenografía e composición www.otroladodelaescena.blogspot.com co que estou a superar o meu medo a escribir en público. Teño moitas gnas de ensinar e aprender, de producir e de levar cousas á práctica. Gústanme o debuxo e os animais. As pombas tamén. Reivindico os abrelatas para zurdos.