Pontevedra Viva!

Santiago Cortegoso (Ibuprofeno Teatro)

IBUPROFENO TEATRO está formado por MARIÁN BAÿOBRE e SANTIAGO CORTEGOSO, dous profesionais que despois de anos de traxectoria en numerosas compañías (Teatro de Ningures, Teatro do Morcego, CDG, A Factoría, Nove Dous, Balea Branca Produción, Teatro Triángulo...) promoven en 2010, en Pontevedra, o seu propio selo de produción para emprender proxectos teatrais dun xeito persoal e independente, nos que poidan integrar a escrita dramática no mesmo proceso de creación e posta en escena dos espectáculos.

A liña mestra da compañía é a procura dunha linguaxe propia e recoñecible para falar dos temas claves do individuo contemporáneo a través de personaxes que buscan a súa identidade e realización individual nun contexto social e tecnolóxico globalizado e complexo, que non son quen de controlar, o que os leva a situacións absurdas e cargadas dun humor acedo e sarcástico.

A aventura IBUPROFENO TEATRO comezou cunha idea que conlevou dous anos de investigación e documentación: A filla de Woody Allen. Pouco despois de ser estreado (en marzo de 2010), o espectáculo participou en tres dos festivais máis prestixiosos de Galicia: A Mostra Internacional de Cangas, a Mostra de Teatro de Cee e o FIOT de Carballo, ademais de ser seleccionado na Feira Galega das Artes escénicas 2010, para logo xirar por toda Galicia. Asimesmo, a versión en castelán estréase en setembro na Sala Triángulo de Madrid, para logo percorrer diferentes comunidades: Asturias, Euskadi, Mallorca e Castela-A Mancha. Ademais resulta nominado nos Premios MAX de 2011 a mellor autor teatral en galego.

http://ibuprofenoteatro.blogspot.com.es/