Pontevedra Viva!

Xesús Constela

Nado en Ferrol en 1963 e residente en Poio, é autor de As humanas proporcións, (premios Torrente Ballester e da Crítica Española 2003), Libro das alquimias (2007), Shakespeare destilado (Premio García Barros 2008), 15.724 (2012) Apoteose das perchas (2015), A rotura das paisaxes (2016), Lisa deitada (2018) e O peso do cerebro (2021).

Foi colaborador do suplemento Nordesía do Diario de Ferrol e participou en varias obras colectivas: Pontevedra laranxeiras e limoeiros, Plug & Play. Antoloxía galega de ciencia ficción erótica, e en dous volumes da serie Contos do sacaúntos da Fundación Vicente Risco.

Co título de Como se fixo o primeiro alfabeto (2008) publicou a tradución e adaptación de dous contos de Rudyard Kipling.

https://xesusconstela.com/