Xa podes reservar unha das 60 prazas dos tres campamentos de verán de Vilagarcía
Por Redacción
A participación é de balde e o período para anotarse está aberto ata o 7 de xuño. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. Todas as actividades terán como base o Auditorio e incluirán visitas, excursións e obradoiros ao aire libre a realizar de luns a venres en horario de 9 a 14 horas