Tradición e festa popular danse a man nunha nova edición da Aña Urbana
Por Redacción & Cristina Saiz
A asociación cultural Trépia, fiel á súa cita coa tradición e a festa popular, protagoniza este sábado 27 de abril unha nova edición da Aña Urbana.
Exhibicións de bailes e rituais tradicionais fixéronse visibles no centro da Boa Vila con propostas para todos os públicos que pasaban pola artesanía, roteiros, un xantar popular e os clásicos toques de leghón.
Unha carpa situada na Praza de España era o epicentro da Aña Urbana. Alí estaban instalados os postos de comida e artesanía e alí estaban programadas moitas das actividades. Pero non foi o único punto de atención, con roteiro de grupos tradicionais polas rúas e prazas do centro histórico.
A xornada contaba ademais coas actuacións dos grupos da escola de Trépia e, a partir das 21.00 horas, dos grupos Comando Curuxas e Morenos Peludos.
Todo iso sen esquecer o baile, protagonista do 'serán' programado como broche a unha nova edición da Aña Urbana.