Satisfacción en Soutomaior pola aceptación da terceira Feira do Libro
Por Redacción
O Concello de Soutomaior cualifica de éxito a terceira edición da Feira do Libro, unha celebración cultural que contou cunha alta participación de público ao longo da fin de semana.
A Alameda de Tallo Río acolleu as actividades duranta a xornada do sábado e a mañá do domingo, mentres que a Casa do Pobo do Val Sobral era a encargada de botar o peche á feira na tarde deste domingo.
Para o alcalde, Manu Lorenzo, e a edil Silvia Cernada, foi unha Feira do Libro "máis inclusiva, feminista, e conta coa programación máis completa dos últimos anos".
O espectáculo ‘Libros voadores’ do clown Dani Blanco foi o encargado de abrir as actividades, nas que os nenos e nenas tiveron opiones para eles como a Bebeteca e o seu obradoiro 'Lendo cos sentidos' ou a Petit Furgo.
Espectáculos como os de 'A libraría máxica' de Bea Campos e Marcos Alonso, 'Travesías. Aventuras de libro' de Raquel Queizás, a sesión vermut con 'Covers Lovers' ou 'As máis molonas' de Pakolas levatnaron gran expectación enchendo a carpa de Tallo Río.
Houbo ademais presentacións como a Masha Álvarez co libro 'Dakota', a charla coloquio 'Mulleres galegas que fan historia' de Isabel Blanco, a presentación de 'Banda deseñada cando sopra o vento' de Kiko Dasilva, o libro 'Pedro, o piloto de gaivotas' de Manuel Darriba e a ilustradora Aida Alonso, a presentación de 'Universo Bolechas' con Pepe Carreiro ou a presentación da memoria gráfica de 'Memorias dun neno labrego' de Iria Aldegunde, ademais da charla-coloquio con Xosé Enrique Costas e Sara Rodríguez sobre a lingua galega.
Na Feira do Libro de Soutomaior estiveron representadas as editoriais Antela Ediciones, Edimaes, Hércules Editora, Boadicea Editora, Cuarto de Inverno e Belagua Ediciones.
Relacionadas:
-
'Trouleando en Soutomaior', o espazo de conciliación para este verán
Por Redacción |
-
Soutomaior acollerá o 18 de maio a súa primeira carreira infantil de obstáculos 'Gladiator Kids Race'
Por Redacción |
-
O espectáculo 'Memorias dun neno labrego' de Candido Pazó abre tres días de Feira do Libro en Soutomaior
Por Redacción |