Marta Doviro comparte en Campolongo as súas vivencias como "unha rapasa da costa"
Por Redacción
A actriz e presentadora Marta Doviro pechou este venres o ciclo de monólogos que ao longo de toda a semana encheu de público as Pistas deportivas de Campolongo.
Marta fixo un divertido repaso polas súas vivencias na Costa da Morte, lugar no que se criou. Lembrou anécdotas do seu pai de médico en Muxía ao que os veciños pagaban en especies, ou como na súa cuadrilla de amigos ían fumar porros ao faro, ou como recibían aos "jodechinchos" e timaban aos peregrinos.
Tamén falou da súa faceta profesional asegurando que non garda rencor a ninguén "nin sequera a Galloso" por ter sido nominada en catro ocasións aos premios Mestre Mateo como Mellor Comunicadora "e non gañar nunca".
Falou tamén da súa afección ao cinema, repasando as mellores dobraxes ao galego da Televisión de Galicia e xomentando porque Batman ou Spiderman nunca terían triunfado na nosa terra.