"Cuarenta años después Ilegales estamos aquí"
Por Cristina Saiz
Sobre o escenario da Praza de España o líder da banda, Jorge Martínez dicíalle ao público: "Cuarenta años después Ilegales estamos aquí", reivindicando deste xeito o seu nacemento como grupo de rock dos principios dos 80 que fuxía do pop e da chamada movida.
Os asturianos centraban o seu son en melodías máis contundentes e roqueiras, con letras que amosan unha visión crítica, crúa e esperpéntica da realidade.
En pleno estado de forma, Ilegales ofreceron en Pontevedra un percorrido polas cancións máis coñecidas da súa carreira ao tempo que presentaron o seu último disco, La lucha por la vida, editado este mesmo ano.