PortAmérica fixa as datas para a súa edición de 2024: os días 4, 5 e 6 de xullo
Por Alejandro Espiño
Os festivaleiros xa teñen marcada unha nova cita para o próximo ano. PortAmérica desvelou as datas nas que celebrará a súa edición de 2024. Será durante os días 4, 5 e 6 de xullo.
De novo, a Azucreira de Portas converterase nun escenario de luxo no que reunirán grandes nomes da música chegados desde ambos os lados do Atlántico.
Os organizadores, polo momento, non desvelaron o nome ningunha das súas apostas musicais para a próxima edición de PortAmérica.
Ademais, PortAmérica manterá o seu exitoso espazo gastronómico, o ShowRocking capitaneado polo cociñeiro Pepe Solla, que estará á fronte dunha trintena de chefs de renome internacional que ofrecerán petiscos deseñados para este festival.
Durante a pasada edición, o festival logrou reunir a máis de 40.000 persoas, batendo o seu propio récord ata a data, e xerou uns 250 empregos directos e máis de 600 indirectos.
O impacto económico deste festival está valorado nuns 12 millóns de euros e a media de gasto por persoa, segundo os cálculos da organización, situouse en 400 euros.
Relacionadas:
-
Milo J cae de PortAmérica 2024, que incorpora a LIT Killah e El Drogas
Por Alejandro Espiño |
-
Luz Casal, Lila Downs, Babasonicos e Galician Army, catro novas incorporacións a PortAmérica 2024
Por Alejandro Espiño |
-
PortAmérica 2024 abrirá con Vetusta Morla e Xoel López e pechará con Juanes e Arde Bogotá
Por Alejandro Espiño |
-
Juanes, Ilegales, León Benavente, Besmaya e Guadi Galego, novos artistas para o PortAmérica 2024
Por Alejandro Espiño |
-
Aitana, Arde Bogotá e Vetusta Morla, entre os cabezas de cartel de PortAmérica 2024
Por Alejandro Espiño |
-
PortAmérica, premiado como o festival español con maior sustentabilidade social
Por Alejandro Espiño |
-
Milleiros de persoas vibran ao ritmo da segunda xornada do PortAmérica
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Quique González, Deluxe, Guitarricadelafuente, Ysy A e Second abren por todo o alto un novo PortAmérica
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |