Sete vehículos implicados e unha persoa ferida nunha colisión múltiple na AP-9 en Portas
Por Natalia Puga
Unha forte sarabiada caída sobre as 14.30 horas deste mércores puido ser a causa do accidente, no que se viron implicados seis turismos e un furgón. Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a agrupación de Tráfico da Garda Civil e efectivos de Protección Civil de Portas