Este domingo, Portas recordará o seu veciño máis ilustre
Por Redacción
Este domingo 23 de abril, a partir das 12 do mediodía, terá lugar unha homenaxe a Domingo Fontán, o matemático, cartógrafo e ilustrado nado hai 235 anos en Porta do Conde.
O acto está organizado pola Asociación Cultural e Deportiva Domingo Fontán e o Concello de Portas.
Hai programados unha serie de actos entre os que destacan un pregón a cargo de José Manuel Fariña, profesor de Historia da Arte na IES Aquis Celenis, e unha ofrenda floral diante do monumento do insigne veciño.
O evento dará comezo ás 12 do mediodía na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde onde o profesor lerá o pregón que terá como fío central a vida e a obra do matemático e ilustrado Domingo Fontán.
Ademáis, representantes da Asociación Cultural e Deportiva Domingo Fontán e o alcalde de Portas, Ricardo Martínez, así como membros da Corporación Municipal, depositarán unha ofrenda floral diante do monumento ao cartógrafo e xeógrafo por mor do 236 aniversario do seu nacemento.