Jéssica Bouzas, á fase final do WTA 1.000 de Madrid tras vencer á estadounidense Vickery
Por Diego Espiño
Novo paso na meteórica carreira de Jéssica Bouzas no circuíto profesional.
Por primeira vez a tenista arousá xogará a fase final dun torneo WTA 1.000, a máxima categoría posible salvando os Grand Slam.
Farao no WTA 1.000 de Madrid dentro dun cadro principal ao que accedeu este mércores tras vencer na segunda rolda da fase previa á estadounidense Sachia Vickery, número 129 do mundo.
Bouzas superou á súa rival en dúas mangas e case dúas horas de partido, sendo decisivo un primeiro set que se decidiu no desempate (7-6). A segunda manga, xa en vantaxe, pechouse cun claro 6-2.
Con este triunfo e á espera de ver ata onde chega Jéssica sobre a terra batida madrileña, situouse xa como terceira mellor tenista nacional, o que deixa ao seu alcance pelexar pola clasificación olímpica.
Relacionadas:
-
Eliminación de Jéssica Bouzas na previa do WTA 1.000 de Roma
Por Redacción |
-
A Top-10 Ostapenko acaba coa aventura de Jéssica Bouzas no WTA 1.000 de Madrid
Por Diego Espiño |
-
Remontada de Jéssica Bouzas fronte a Paula Badosa para avanzar a segunda rolda do WTA 1.000 de Madrid
Por Diego Espiño |
-
Jéssica Bouzas avanza na previa do WTA 1.000 de Madrid
Por Redacción |
-
Roland Garros, no horizonte de Jéssica Bouzas como nova Top-100
Por Diego Espiño |
-
Jessica Bouzas xa é virtual Top100 a pesar da derrota na final do Open de Zaragoza
Por Almu Dapena |
-
Os Xogos Olímpicos de París, un soño difícil pero aínda posible para Jéssica Bouzas
Por Diego Espiño |
-
O seu triunfo en Turquía impulsa a Jéssica Bouzas ao posto 104 do ranking mundial
Por Diego Espiño |
-
Jéssica Bouzas gaña en Antalya e o tenis galego celebra un torneo WTA unha década despois
Por Diego Espiño |