Máis de medio cento de inscritos nun RallyMix de Cuntis que promete espectáculo na súa cuarta edición
Por Redacción
A biblioteca municipal Roberto Blanco Torres de Cuntis foi escenario a última hora do luns da presentación oficial do IV RallyMix Cuntis Vila Termal.
A proba automobilística, que se vai a celebrar os días 14 e 15 de marzo, promete espectáculo e emocións fortes, e é que a unhas horas do peche de incripciones anotáronse 57 participantes, confirmaron desde a organización, entre os que destacan os irmáns Jan e Nil Solans, campións do Mundo júnior de rallys e habituais das probas do Mundial WRC.
Todo un reclamo para o afeccionados pero non o único. En total prevense cinco mangas oficiais de competición ao tramo de 12.000 metros de terra e asfalto habilitado, tres durante o sábado (a partir das 12:30 horas) e dúas máis na mañá do domingo 15 de marzo (10:30 horas).
A vicepresidenta da Escudería Cuntis Vila Termal, Mercedes Pazos, explicou na presentación o amplo dispositivo de seguridade que se preparou para a ocasión, con 25 quilómetros de cinta de seguridade, 2.000 estacas, valos, dúas ambulancias medicalizadas, motobombas anti-incendios e medios humanos, como 58 voluntarios da agrupación de Protección Civil.
Segundo as previsións da organización, esperan que se poidan reunir en Cuntis preto de 20.000 persoas ao longo de toda a fin de semana para seguir o RallyMix.
No acto de presentación estiveron presentes ademais de Mercedes Pazos o presidente da escudería local, David Calvo; o alcalde, Manuel Campos; o deputado provincial de Deportes, Gorka Gómez; o xefe provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Daniel Benavides; e a concelleira de Deportes de Cuntis, Conchi Campos.
Relacionadas:
-
Aprazada definitivamente ata 2021 a cuarta edición do RallyMix de Cuntis
Por Diego Espiño |
-
O aprazamento do RallyMix de Cuntis completa a suspensión de todo o deporte na área de Pontevedra
Por Redacción |
-
Jan e Nil Solans, campións do Mundo júnior de rallys, grandes reclamos do IV RallyMix de Cuntis
Por Diego Espiño |
-
Borja González, vencedor do III RallyMix de Cuntis
Por Redacción |