A Xunta compromete o seu apoio á Gran Final das Series Mundiais de tríatlon: "Esa axuda vaise producir"
Por Diego Espiño
A Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon que se celebrará en 2023 en Pontevedra é o evento deportivo máis grande e relevante dos que acolleu a Boa Vila, por iso toda axuda é necesaria para levalo a cabo.
Dúas patas principais niso, Concello de Pontevedra e Deputación, mostraron o día da designación da cidade como sede da competición que ían da man na súa organización, e faltaba por coñecer se a Xunta se involucraría cun evento que colocará a Galicia no mapa internacional, como sucedeu en anteriores campionatos.
Esa incógnita despexouna este martes o Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete, nunha visita institucional con motivo da constitución do Comité Organizador do Mundial Sub-23 de Loitas Olímpicas.
"Esa axuda vaise producir", sinalou o máximo responsable do deporte autonómico a preguntas dos xornalistas. "De momento tivemos unha conversación o alcalde e eu pero estamos a falar do ano 23 e temos tempo. Formalizarase como o fixemos en todas as ocasións anteriores" afirmou antes de resaltar que previamente, en 2022, "temos unha chea de probas internacionais de todo tipo e de todas as modalidades deportivas".
Esta unanimidade institucional preséntase cun aspecto básico para que a Gran Final das Series Mundiais se poida organizar con todas as garantías, tendo en conta que o propio alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, situou o orzamento previsto para o evento ao redor dos 2 millóns de euros.
Relacionadas:
-
Así será o circuíto da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Un sector ciclista "en el entorno de la ría", novidade para as probas da Copa do Mundo e a Gran Final das Series Mundiais de tríatlon
Por Diego Espiño |
-
Acordo entre o Concello e a Xunta para que o CGTD sexa parte da Gran Final das Series Mundiais de tríatlon
Por Diego Espiño |
-
A Copa do Mundo de Tríatlon en Pontevedra, sen deportistas rusos nin bielorrusos
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra albergará en xullo unha proba da Copa do Mundo de Tríatlon
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra prepárase para un 2022 cheo de deporte internacional
Por Redacción |
-
Pontevedra, protagonista na I Xornada Municipalidade e Tríatlon celebrada no Comité Olímpico Español
Por Redacción |
-
A Gran Final das Series Mundiais, un evento "descomunal" cun retorno "igual de 5 ou 6 millóns de euros"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Reaccións á designación de Pontevedra como sede das Series Mundiais de tríatlon: "Os soños fanse realidade"
Por Diego Espiño |
-
"Broche de ouro" de Pontevedra co tríatlon: Acollerá a Gran Final das Series Mundiais en 2023
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |