Podcans #8
Dom | 21:00 | 21:31
Entramos en datas do Nadal e nesta edición o educador canino Diego Álvarez lembra que "os cans non son un agasallo". De feito lembra que durante o nadal, a protectora de animais de Pontevedra cesan a súa actividade de adopción.
Para esta ocasión, a imaxe que acompaña ao podcast corresponde a tres cans mestizos que poden adoptarse, preferible aínda que non necesariamente xuntos: Ron, Linda e Rubio. Teñen entre dez e once meses, teñen boa socialización, os dous machos están castrados e proximamente estarao tamén a femia. Quen estea interesado pode chamar á protectora viguesa 'Tú eres nuestra ayuda' ao teléfono 673 946 671.