Podcans #32
Dom | 21:00 | 21:28
Para este programa de Podcans o educador canino Diego Álvarez tira de dose de humor para rebater unha serie de máximas que se utilizan para falar de cans e que carecen de verdade ou non son correctas. Exemplos que expón coa irónica entrada de: "o misterioso caso do can que..." Son frases que segue escoitando e que redundan en ideas irróneas como o "antropomorfismo", é dicir dar un trato, ou coñecementos, ao animal coma se fose unha persoa.
A imaxe é xa dun coñecido, Napoleón, un can de catro anos que require adopción e que está custodiado pola Asociación de Amigos da Canceira de Poio. Pesa uns 17 quilos, e é sociable con cans e humanos.