Soutomaior investirá 60.000 euros para mellorar o acceso ao campo de fútbol
Por Redacción
O goberno municipal de Soutomaior destinará unha partida de 60.000 euros para reformar a entrada principal ao campo de fútbol Graciano Padín.
Esta actuación, que foi consensuada coa directiva do CD Soutomaior, incluirá a renovación do acceso a estas instalacións deportivas e diversas melloras en todo o campo.
Satisfaranse así as principais necesidades do recinto deportivo "que a directiva nos trasladou e que nós atendemos", segundo explicaron o alcalde, Manu Lourenzo, e o concelleiro de Urbanismo, Pablo Garrido.
O Concello foi quen deseñou este proxecto, que Lourenzo cualificou de "serio e eficiente" e que se financiará integramente con cargo ao plan extraordinario de infraestruturas deportivas da Deputación de Pontevedra.
"Nos vindeiros meses poderemos ver como as instalacións do campo de fútbol municipal dan un salto cara a adiante", sentenciou o alcalde.