'Pepe o Ferreiro', homenaxeado na segunda Comida de Confraternidade de Figueirido
Por Redacción
A Asociación de Veciños San Andrés e a Comunicade de Montes de Figueirido celebrou este domingo 28 de abril a súa segunda Comida de Confraternidade.
Más dun cento de persoas asistiron á celebración, na que se rendeu homenaxe a José Portela Canosa, coñecido popularmente como 'Pepe o Ferreiro', por ser con 99 anos a persoa de máis idade do lugar.
O alcalde de Vilaboa, César Poza, foi o encargado de entregarlle un agasallo de agradecemento a 'Pepe o Ferreiro', confeccionado a partir dunha fotografía súa xunto á locomotora que deseñou para asar castañas.
"Coñezo a señor Pepe de toda a vida, somos veciños do Alcouce. Recordo ir de pequeno polo eirado ao seu taller, na busca de restos de ferros para facer todo tipo de armamento. Ata faciamos estrelas ninja na cortadora de chapa, e sempre podíamos contar con el para soldar calquera aventura que se nos ocurrira", sinalou Poza destacando tamén o seu labor social e veciñal xa que "fixo de practicante, é dicir, poñía inxeccións nun tempo onde a sanidade non era o que é hoxe, axudaba nas matanzas, nos partos das vacas...", lembrou.
Tamén foi unha persoa pioneira na traída de auga, xa que promoveu nos anos 60 a primeira comidad de usuarios de auga de Figueirido.