A cabalo para defender o monte da Fracha da A-57
Por Redacción & Diego Torrado
Trinta xinetes percorreron este domingo o monte da Fracha nunha marcha cabalar organizada pola plataforma Salvemos a Fracha e o club hípico Apalaoosa de Marcón para denunciar o impacto que terá o proxecto da autovía A-57 na zona e a repercusión negativa que terá sobre o disfrute deste espazo natural.
A marcha culminou a partir das 14.00 horas na área recreativa da Fracha cun xantar popular polo que pasaron arredor de 200 persoas. Contou cunha pulpeira e un xantar a base de paella, chourizos, bocadillos, tortilla, empanada e postres caseiros elaborados pola veciñanza de Marcón.
A actividade, que se desenvolveu nun ambiente festivo e de confraternidade, serviu para reivindicar os múltiples usos que a cidadanía de toda a comarca lle dá a este monte. A plataforma Salvemos a Fracha aproveitou para recoller sinaturas en contra do proxecto da autovía A-57 e informar aos asistentes do impacto severo sobre a paisaxe e sobre a fauna, flora e patrimonio cultural e natural do trazado polo que discorrerá a infraestrutura.
A marcha partiu arredor das 11.00 horas das instalacións de Apalaoosa con dúas rutas diferenciadas en dificultade, para adaptarse a todos os públicos. Por unha parte, propietarios de cabalos xa afeitos a este tipo de actividades, por outra, nenos e afeccionados. Ambas as dúas fixeron distinto percorrido, pero remataron no mesmo punto de encontro: a área recreativa.
A plataforma quere chamar a atención sobre impacto ambiental que tería o proxecto, provocando un deterioro irreparable da contorna de A Ermida, Pintos, Tomeza, Bértola, Figueirido e Vilaboa e a perda de elementos de interese e riqueza patrimonial, así como un impacto paisaxístico difícil de valorar ao longo de todo o trazado.
Todos eles son lugares de esparcimento non só para os propios residentes na zona, senón para todo Pontevedra, ao ser un enclave habitual de rutas de sendeirismo e ecuestres, mountain bike, motocross ou rallies que se verían afectadas, defenden, se segue adiante o proxecto da A-57.
Relacionadas:
-
150 xinetes participan na ruta cabalar entre Sanxenxo e Sabucedo
Por Oskar Viéitez |
-
A Fracha di non ao "capricho político" da autovía A-57
Por Redacción |
-
Salvemos A Fracha achega á cidade as "cores e sabores" ameazadas polo paso da A-57
Por Redacción |
-
Os colectivos que alegaron contra a A-57 lamentan que se teñan "ninguneado" as súas reclamacións
Por Redacción |
-
Unha marcha cabalar percorrerá os montes da Fracha afectados pola A-57
Por Redacción |
-
'Salvemos a Fracha' continúa a rolda de asembleas informativas por todo o trazado da futura A-57
Por Redacción |
-
As hortas rurais múdanse por un día á Peregrina para protestar polo trazado da A-57
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
'Salvemos a Fracha comproba o impacto que terá o trazado proxectado para a A-57
Por Redacción |
-
A Sociedade Galega de Historia Natural solicita que se desbote o proxecto "innecesario" da A-57
Por Redacción |