Repartición de flores reivindicativa de Salvemos A Fracha no seu primeiro aniversario
Por Mónica Patxot
Un ano leva a plataforma Salvemos A Fracha loitando co obxectivo de parar a construción da Autovía A-57.
Con motivo dese aniversario o colectivo organizou durante a tarde do venres un acto reivindicativo na Praza de Ourense, á que levou a primavera da Fracha.
Cunha repartición de flores simbolizaron o colorido da segunda estación do ano para que os pontevedreses "coñezan a riqueza de cores, aromas e variedade que dá o rural" e que entenden, está seriamente ameazado pola construción desta infraestrutura.
Esta acción forma parte da campaña informativa que Salvemos A Fracha deseñou para explicar á cidadanía o impacto que terá a A-57.
Mentres tanto a plataforma se matiene á espera de que a ministra de Fomento, Ana Pastor, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, acepten a petición de reunirse cos afectados.
Relacionadas:
-
Salvemos a Fracha pide ‘cautela’ a Fomento e que non se ‘precipite’ coa A-57
Por Redacción |
-
'Salvemos a Fracha' volve pedir unha reunión con Ana Pastor e Lores tras o anuncio "oportunista" sobre a A-57
Por Redacción |
-
Salvemos a Fracha debate sobre o impacto social e hidrolóxico da autovía A-57
Por Redacción |
-
"A A-57 non é unha circunvalación, que non lle chamen así porque é mentira"
Por Redacción |