O PSOE pide a comparecencia no Congreso da directora xeral de Mar pola prórroga a ENCE
Por Redacción
Os representantes galegos do Partido Socialista no Congreso dos Deputados rexistraron dúas iniciativas na Cámara relativas á prórroga da concesión a ENCE na súa actual localización de Lourizán.
Na primeira delas solicítase a comparecencia da Directora Xeral de Sustentabilidade da Costa e o Mar, que é quen asina a prórroga por 60 anos na ocupación dos terreos.
A intención, explica o grupo socialista, é que "teña que explicar cales son as razóns que avalan a concesión desta prórroga, a duración da mesma e os informes nos que se sustenta". Ademais, sinalan, "terá que responder a por que un goberno en funcións acomete dita resolución cando a actual concesión finaliza en 2018", polo que entenden non se xustifica a urxencia, e a "por que se ignorou ao Concello de Pontevedra no proceso".
Na segunda das iniciativas, ao amparo do artigo 7 do Regulamento da Administración Pública, requiren ao Goberno os informes elaborados pola Avogacía Xeral do Estado ou por calquera órgano da Administración respecto diso.
Esta actuación no Congreso responde "á postura que mantén o PSdeG-PSOE en contra da actual localización da empresa ENCE en Lourizán", sinalan nun comunicado.
Relacionadas:
-
A Xunta non emitirá un novo informe sobre a "conveniencia" da prórroga de ENCE
Por Redacción |
-
O PP local esixirá que "o que obtén de Ence en Pontevedra" reverta na cidade
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Moreira cualifica de "fomento do odio" as declaracións do alcalde na manifestación contra ENCE
Por Redacción |
-
Miles de persoas claman contra ENCE en Pontevedra: "A ría é nosa e non de Celulosa"
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Núñez Feijóo: "Como galego en ningún caso me gusta a localización de ENCE"
Por Oskar Viéitez |
-
Medio Ambiente fixa condicións asumibles para ENCE e remite os seus opositores á Audiencia Nacional
Por Alejandro Espiño |