Campo Lameiro recoñece o "bo comportamento" de 150 menores de 14 anos cun diploma
Por Redacción
Os 150 menores de 14 anos de Campo Lameiro viron recoñecido o seu "bo comportamento" durante o tempo de confinamento cun diploma que este sábado lles entregaron o alcalde, Carlos Costa Domínguez, e membros do equipo de goberno. Repartiron a domicilio máscaras de tamaño reducido adaptadas á súa talla e diplomas personalizados cos seus respectivos nomes.
Durante as visitas domiciliarias, os representantes municipais fixeron entrega tamén doutro diploma realizado pola tenda local 'Un Par de Dous', onde se lles agradece e felicita polo seu bo comportamento durante a corentena, ademais de material para estimular o xogo na casa e gominolas sen gluten. Tamén se lles entregou un folleto recordatorio dos servizos municipais de impresión e entrega a domicilio de tarefas escolares.
O negocio local 'A Nosa Tapicería', propiedade de Rogelio Reboredo, fixo unha tiraxe especial de máscaras de tallaxe adaptada para nenos para que poidan utilizalas cando saian do seu confinamento, dentro das medidas aprobadas para os menores de 14 anos polo Goberno central que entran en vigor a partir deste domingo.
Na entrega domiciliaria de máscaras, os encargados de facer o reparto entregaron dous protectores de cor branca e outros dous de cor negra por cara neno residente no domicilio.
O alcalde manifestou que pretende "achegar unha solución para aqueles nenos que vaian saír estes días á rúa", dentro da autorización feita polo Goberno central, para que poidan contar con protección do seu tamaño e a súa talla.
Ademais, pretenden que se sintan partícipes desta loita colectiva contra o inimigo común que representa a ameaza invisible do coronavirus e, ao mesmo tempo, demostrarlles a admiración e cariño polo seu exemplar comportamento e a súa paciencia durante este mes e pico de confinamento.
Relacionadas:
-
Campo Lameiro crea un banco de empresas para reactivar a economía local
Por Redacción |
-
VÍDEO.- O cura de Campo Lameiro pide axuda aos Reis Magos, Peppa Pig e os Minion para loitar contra o coronavirus
Por Natalia Puga |
-
Pontevedra volve ser a cidade dos nenos
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
Mulleres en Igualdade de Poio e a Garda Civil, premian aos nenos cun diploma polo seu bo comportamento
Por Redacción |
-
Alcalde e edís de Campo Lameiro doan o seu salario para mercar unha sulfatadora
Por Redacción |
-
Máscaras para todos en Campo Lameiro
Por Redacción |