Máis de 120.000 máscaras repartidas na provincia para o seu uso no transporte
Por Redacción
Este martes foi o segundo día de repartición de mascarillas por parte da subdelegación de Goberno en Pontevedra, que continúa deste xeito co obxectivo de facer chegar o material hixiénico necesario nesta fase 0 de desescalada iniciada o 4 de maio.
Desta forma e de acordo ás directrices marcadas polo Ministerio de Sanidade, contouse cun novo envío á provincia de Pontevedra de 289.500 máscaras para ser repartidas nestes dous primeiros días de apertura de actividades, ademais de abastecer a diversos colectivos sociais e asistenciais, tal como xa se realizou o pasado 13 de abril, co inicio da actividade esencial.
Maica Larriba quixo sinalar "a importancia de seguir cumprindo con responsabilidade no retorno ás actividades por parte de toda a poboación para evitar rebrotes da infección".
Durante estas 48 horas a subdelegación e grazas ao traballo realizado por Policía Nacional, Garda Civil, Policía Local e Protección Civil, repartiu 120.000 unidades en estacións de ferrocarril, autobuses e en zonas de transporte marítimo de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía. En concreto, estruturouse en mais de 100 puntos de repartición en toda a provincia.
Finalmente, a subdelegada do Goberno quixo lembrar "a importancia de seguir con eficacia a implementación de cada unha das novas fases que iremos pasando e para iso todos somos responsables para volver á nosa vida cotiá cumprindo as limitacións obrigatorias".
Relacionadas:
-
Os concellos e ONGD de Pontevedra recibirán 300.000 máscaras do Goberno como apoio ao inicio do curso escolar
Por Redacción |
-
57.000 máscaras protectoras, repartidas en menos de 6 horas en municipios de menos de 20.000 habitantes
Por Redacción |
-
As farmacias de Pontevedra reparten máscaras de protección gratuítas para persoas sen recursos e pensionistas
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
A Subdelegación e a Deputación distribúen máis de 140.000 máscaras na provincia
Por Redacción |
-
Así foi o reparto de máscaras entre os usuarios de autobuses, trens e taxis
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
O Goberno repartirá a partir do luns 289.500 máscaras para o seu uso no transporte público da provincia
Por Redacción |