Pontevedra, Poio, Marín, Sanxenxo e O Grove empezarán a desescalada coas máximas restricións: as terrazas abren ao 50% ata as 17.00
Por Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Galicia empeza a desescalada tras semanas de medidas moi restritivas en boa parte da comunidade e, para esta nova etapa, os perímetros de Pontevedra, Poio e Marín e do Grove e Sanxenxo, así como Cambados a título individual, afrontarán as máximas restricións.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, explicou este mércores os criterios desta desescalada, que empezará a aplicarse a partir das 00.00 do venres. Implicarán medidas como a apertura da hostalería con distintos niveis de restricións e a posibilidade de realizar reunións de non conviventes de entre 4 e 6 persoas.
Nesta desescalada haberá tres niveles de restricións. As máximas restricións supoñerán a apertura da hostalería, pero tan só as terrazas ao 50% e ata as 17.00 horas.
Nestas terrazas, os clientes poderán estar en grupos dun máximo de 4 persoas, xa sexan conviventes ou non conviventes. Tamén poderán estar estes grupos de 4 persoas non conviventes en domicilios e outros lugares públicos.
Nestas restricións máximas aplicarase, por tanto, o denominado modelo O Carballiño. Aplicarase en moi poucas zonas de Galicia, aquelas en as que se detecta unha situación máis complicada. En concreto, aplícase no perímetro de Pontevedra, Poio e Marín, no Grove e Sanxenxo e de forma individual en Cambados.
O nivel de restricións medio-alto afecta, no caso da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, a Vilagarcía e Vilanova -que estarán xuntos pechados de maneira perimetral-, á agrupación que forman Meis, Meaño e Ribadumia, e a Vilaboa, que estará pechado en solitario. Nestes municipios a hostalería abre as terrazas tamén ao 50% e, a maiores, pode abrir no interior ao 30%, sempre ata as cinco da tarde.
Tamén nestes municipios as reunións, tanto na hostalería como no resto de contextos, faranse nunha agrupación máxima de 4 persoas.
En canto ao nivel medio, afecta a Soutomaior, Ponte Caldelas, Barro e Cerdedo-Cotobade. Nestes municipios, ábrese a hostalería ao 40% en interior e 50% en exterior. Nestes casos, ademais, a hostalería pode abrir ata as 23 horas e as reunións serán dun máximo 6 persoas non conviventes. En ningún destes casos se permitirán as entradas e saídas do municipio sen causas xustificadas
O nivel de restrición básica segue o criterio de apertura da hostalería será de 50% de aforo no interior e 75% no exterior, ata as 23 horas, e cun máximo de 6 persoas conviventes ou non. Nesta situación entra o resto da área sanitaria. Nestes concellos non haberá limitacións de mobilidade.
Feijóo compareceu acompañado polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, para dar conta das medidas acordadas no comité clínico e apelou á prudencia para que os reencontros que poden empezar a producirse sexan responsables.
Ademais, insistiu en que os pasos adiante que se dan nas distintas zonas non se interpreten como un síntoma de relaxación: "Non hai razón para confiarnos, porque segue habendo contaxios e porque canto máis nos abrimos máis risco hai. E por iso pido máis responsabilidade que nunca".
Relacionadas:
-
Once hostaleiros peregrinan a Madrid para chamar a atención sobre a "ruína" do sector: "estamos hasta las pelotas"
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Acordo para Noiteboa e Noitevella: ceas para dez (nenos incluídos) e toque de queda ampliado
Por Alejandro Espiño |
-
Galicia pecha as súas fronteiras ata o 9 de decembro
Por Alejandro Espiño |
-
Serviron para algo as restricións en Pontevedra, Poio e Marín?
Por Oskar Viéitez |
-
Mozos e mozas de 15 a 24 anos, franxa de maior incidencia da covid-19 en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |