Operativo especial de tráfico con motivo das Festas da Peregrina a partir do martes 8 de agosto
Por Redacción
Coa chegada das Festas da Peregrina establécese un operativo de tráfico na mesma liña de anos anteriores, segundo anunciaba este venres Eva Vilaverde, alcaldesa en funcións e portavoz do goberno local.
A Rúa Alameda quedará pechada ao tráfico o martes 8 de agosto a partir das 23.00 horas. Instalaranse previsamente sinalizacións con valos de prohibición de estacionamento en Xeneral Martitegui, a partir do 7 de agosto ás 15.00 horas, e na rúa Alameda, a partir do 7 de agosto ás 21.00 horas.
O peche de Alameda e Raíña Vitoria supón unha modificación de sinais e cambios de sentido de circulación noutras rúas. Quedarán da seguinte forma:
- Rúa Echegaray: restrínxese a circulación salvo residentes e servizos. O acceso realizarase por Maestranza, fronte á fachada principal da Facultade de Belas Artes e Centro de Saúde Virxe Peregrina.
- Xeneral Martitegui: Invístese a dirección de Xeneral Martitegui, co fin de permitir o acceso a Maestranza - Echegaray, e aparcamento Praza España.
- Rúa San Roque: Restrínxese o tráfico de acceso desde Corbaceiras ata a Alameda, salvo residentes. Desde Paseo Colón haberá dirección obrigatoria cara a Corbaceiras, salvo no entrada aparcamento subterráneo (acceso a Raíña Vitoria).
Outros cambios:
Trasládase a Parada de Taxis a Xeneral Martitegui, na marxe esquerda segundo o novo sentido de circulación. Marxe dereita: zona de carga e descarga; zona de servizos e reserva de estacionamento para persoas con mobilidade reducida, preto da Alameda.
Por outra banda, estes serán todos os puntos de corte ou desvíos mentres duren as Festas dá Peregrina:
- Punto 1: (Glorieta Paseo Colon – Raíña Vitoria): Sinal de entrada prohibida. Panel coa lenda "agás Aparcadoiro".
- Punto 2: (Glorieta Paseo Colon – Alameda): Sinal de entrada prohibida. Panel coa lenda "agás garaxes"
- Punto 3: (Alameda – E. Marescot): Valos de peche de rúa con sinal de entrada prohibida e sinal de dirección obrigatoria á dereita (E. Marescot).
- Punto 4: (Corbaceiras – San Roque): Sinal de entrada prohibida. Panel coa lenda "agás residentes e servizos"
DISPOSITIVO DE TRÁFICO O DOMINGO 6 DE AGOSTO
O domingo 6 de agosto con motivo da celebración da corrida taurina na Praza de San Roque establécese un operativo especial da Policía deixando os arredores do coso para a celebración en condicións de seguridade.
Desde as 08.00 horas do día 6 prohibirase o estacionamento nas rúas próximas á Praza de Touros: Víctor Said Armesto, Campo da Torre e Nostradamus Lourido.
Desde as 18.00 horas da tarde serán de uso peonil: Alameda, Raíña Vitoria e parte de Paseo de Colón e San Roque, tamén das vías que rodean a praza e outras menores.
Estableceranse 25 valos con sinalización provisional. A avenida de San Roque cortarase en As Corbaceiras en sentido subida, do mesmo xeito que Víctor Said Armesto e outras menores que dan acceso á Praza de Tourso.
Tamén se cortará o Paseo de Colón á altura da Rúa Monteleón, de tal forma que os vehículo que circulen por esta vía desde a Ponte da Barca, deben dirixirse á Avenida de Uruguai. Os vehículos que circules pola Avenida de Uruguai pola rúa irmáns Nodais, terán que regresar a Corbaceiras por San Roque.
Reforzaranse os servizos da Policía Local respecto a os habituais de tarde e noite para que tanto a celebración das festas de penas como no recinto taurino transcorran con tranquilidade. Tamén están previstos reforzos da Policía Nacional, con quen se coordina os operativos.
Relacionadas:
-
Previsto un corte de tráfico na Rúa Rosalía de Castro durante este xoves 10
Por Redacción |
-
Volve a celebración de "peñas" á praza do Teucro
Por Diego Torrado & Redacción |
-
As festas da Peregrina están ao virar a esquina e as luces xa o anuncian
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
A 'skate praza' de Raíña Vitoria di ata logo para facilitar a montaxe das atraccións da Peregrina
Por Redacción |