O arranque das Festas da Peregrina, "un éxito" coa cidade "petada todos os días"
Por Natalia Puga
Os primeiros días das Festas da Peregrina encheron Pontevedra. A cidade leva todo o verán cunha elevada afluencia de visitantes e durante a fin de semana mesmo aumentou, sendo "un éxito desde o punto de vista da afluencia de persoas".
O balance realizouno este luns o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que asegura que "a cidade está petada todos os días", con gran afluencia a todas as actividades e tamén presencia de turistas.
Respecto diso, o rexedor fixo especial mención ao Camiño Portugués a Santiago, que "ten un gran futuro" e redunda nunha "actividade económica importante na cidade".
Insistiu, ademais, en que esta "grandísima afluencia de xente", é algo "bo para toda a cidade".
Ademais, Lores destacou que a cidade está repleta de persoas e, a pesar de todo, os primeiros días das festas transcorreron "sen case ningún tipo de incidente salientable".
Relacionadas:
-
Baiuca pon a bailar ás Festas da Peregrina
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Lores, sobre as Festas da Peregrina: "É incrible a cantidade de xente que hai"
Por Redacción |
-
O rapero Recycled J e o espectáculo Kine Circus protagonizan unha nova xornada de abarrote nas Festas da Peregrina
Por Redacción |
-
Operativo especial de tráfico o venres 18 de agosto pola Batalla de Flores
Por Redacción |
-
Un incidente cun cliente nunha discoteca acaba con dous denunciados por non ter carné de porteiros
Por Natalia Puga |
-
Furious Monkey House e La M.O.D.A., banda sonora dun domingo con Pontevedra repleta
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Centos de persoas réndense á Peregrina polas rúas da cidade no seu día grande
Por Diego Torrado & Redacción |
-
O traslado da carroza procesional abre o programa relixioso das Festas da Peregrina
Por Oskar Viéitez & Natalia Puga |
-
Comezan as Festas da Peregrina: "Brindade a mogollón coa familia, cos amigos, pero non fagades botellón"
Por Natalia Puga & Oskar Viéitez |