Fixan en 8 euros as entradas para o partido benéfico entre Pontevedra e Castilla
Por Redacción
A Fundación Banco Farmacéutico de Galicia anunciou a posta á venda das entradas de partido benéfico que disputarán Pontevedra Club de Fútbol e Real Madrid Castilla.
O duelo entre ambos, o XXXVI Trofeo Manolo Martín en beneficio da fundación, disputarase o vindeiro xoves 1 de agosto no campo de fútbol de Baltar, Portonovo, ás 19:00 horas.
As entradas fixáronse a un prezo único de 8 euros, e poderán adquirirse desde o luns 29 nos despachos de billetes do estadio en horario de 19:00 a 21:30 horas.
A recadación, sinalan, destinarase ao pago de fármacos e tratamentos médicos a persoas en situación de dificultade económica, especialmente á infancia, así como á investigación na loita contra o cancro.
Ademais as entradas poden reservarse con antelación a través do correo electrónico informacion@bancofarmaceuticodegalicia.gal ou do teléfono 672 706 182.
Pola súa banda Sanxenxo puxo 1.500 entradas ao dispor de menores do municipio, que poden retirarse de forma gratuíta no Concello.
Relacionadas:
-
A recadación do trofeo Manolo Martín levará alimentos a tres orfanatos de Ucraína
Por Redacción |
-
O Banco Médico Farmacéutico e Sanxenxo cofinanciarán tratamentos de pacientes sen recursos
Por Redacción |
-
O trofeo Luís Otero queda na casa tras a vitoria pola mínima do Pontevedra ante o Racing de Ferrol (1-0)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
O Pontevedra fai oficial a saída dos irmáns Barbeito, Iñaki e Pacheco ao Rápido de Bouzas
Por Diego Espiño |
-
Unha cesión a Terceira División, opción para os canteiráns Iñaki, Pacheco e os irmáns Barbeito
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra preséntase ante os seus afeccionados como "un equipo ambicioso"
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Pontevedra e Castilla xogarán un partido benéfico este verán en Portonovo
Por Manu Otero |