Fixan en 8 euros as entradas para o partido benéfico entre Pontevedra e Castilla

Pontevedra
26 de xullo 2019

O XXXVI Trofeo Manolo Martín, en beneficio da Fundación Banco Farmacéutico de Galicia, disputarase o vindeiro xoves 1 de agosto no campo de fútbol de Baltar, Portonovo

Partido entre Real Madrid Castilla e Pontevedra en Valdebebas
Partido entre Real Madrid Castilla e Pontevedra en Valdebebas / Mosrey Fotografía

A Fundación Banco Farmacéutico de Galicia anunciou a posta á venda das entradas de partido benéfico que disputarán Pontevedra Club de Fútbol e Real Madrid Castilla.

O duelo entre ambos, o  XXXVI Trofeo Manolo Martín en beneficio da fundación, disputarase o vindeiro xoves 1 de agosto no campo de fútbol de Baltar, Portonovo, ás 19:00 horas.

As entradas fixáronse a un prezo único de 8 euros, e poderán adquirirse desde o luns 29 nos despachos de billetes do estadio en horario de 19:00 a 21:30 horas.

A recadación, sinalan, destinarase ao pago de fármacos e tratamentos médicos a persoas en situación de dificultade económica, especialmente á infancia, así como á investigación na loita contra o cancro.

Ademais as entradas poden reservarse con antelación a través do correo electrónico [email protected] ou do teléfono 672 706 182.

Pola súa banda Sanxenxo puxo 1.500 entradas ao dispor de menores do municipio, que poden retirarse de forma gratuíta no Concello.