Romay di adeus á tempada ao confirmarse a rotura do cruzado: "Toca recuperarme y animar desde fuera"
Por Diego Espiño
Os peores prognósticos fixéronse realidade e Romay non volverá vestirse de curto esta tempada co Pontevedra Club de Fútbol.
A resonancia magnética á que foi sometido este sábado o futbolista granate revela unha rotura do ligamento cruzado do seu xeonllo dereito, unha lesión que habitualmente require un período de recuperación que oscila entre os 6 e os 8 meses.
Á espera de coñecer o informe completo da doenza, que podería incluír unha lixeira afectación do menisco, o que xa sabe Romay é que deberá pasar polo quirófano.
"Ya lo tenía un poco asumido", explica a PontevedraViva o centrocampista coruñés, que caeu lesionado no adestramento do pasado mércores nun mal xesto en plena carreira, sen contacto con ningún compañeiro.
Teméndose o peor "desde el principio hablé con gente que lo había pasado para pillarlo con ganas", recoñece. Por iso asegura que "lo cojo con fuerza" consciente de cal será agora o seu papel no equipo. "Toca recuperarme y animar desde fuera", sinala poñéndose xa como obxectivo chegar plenamente recuperado ao comezo da próxima tempada.
Relacionadas:
-
Romay, a mellor 'fichaxe' para o Pontevedra tras recibir a alta médica: "Estarei listo para o inicio da liga, seguro"
Por Diego Espiño |
-
Romay, intervido "sen complicacións" da rotura do ligamento cruzado no seu xeonllo
Por Redacción |
-
O último partido de liga do ano, un trámite amargo para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Romay pasará polo quirófano a próxima semana
Por Diego Espiño |
-
Un inicio de liga sen coñecer a derrota que non se lembra desde a 87-88
Por Diego Espiño |
-
Temor no Pontevedra a que Charles sexa sancionado con máis dun partido pola súa expulsión fronte ao Dépor
Por Diego Espiño |
-
Combate nulo en Pasarón entre un Pontevedra valente e un Deportivo rochoso (1-1)
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
Preocupante lesión de xeonllo de Romay no adestramento do Pontevedra
Por Diego Espiño |