Pontevedra repetirá en 2021 como sede do Nacional Sprint de tríatlon e queda sen o Pro Tour
Por Redacción
A Federación Española de Tríatlon (FETRI) avanzara a finais do mes de outubro que cidades serían sede dalgunhas das súas competicións máis importantes en 2021, e entre elas atopábase un ano máis Pontevedra, tras o éxito que supuxo organizar a primeira competición nacional post-pandemia.
Agora o organismo federativo confirmou de que competición se trata, a mesma que precisamente acolleu a cidade tras o verán, o Campionato de España Sprint, que se fixou para o sábado 25 de setembro.
O que se descartou ademais é que a cidade de Lérez acolla a segunda edición do Pro Tour, a espectacular competición que se estreou en 2019 a beiras do Lérez reunindo aos mellores especialistas nacionais e que tiña previsto repetir no calendario pontevedrés de 2020. Con todo agora a Federación decidiu que sexa Madrid a encargada de acoller esta proba nunha data aínda por confirmar.
A primeira carreira do calendario FETRI en 2021 será o Campionato de España de Tríatlon de Inverno, o 14 de febreiro no Tríatlon Valle de Ansó. Ademais Banyoles será escenario do Campionato de España en Distancia Olímpica (4 de setembro), Bilbao acollerá o de Media Distancia (18 de setembro) e Platja d'Aro o de Longa Distancia (30 de maio). Pola súa banda o Campionato de España de Dúatlon terá lugar en Avilés (10 e 11 de abril).
Galicia gozará doutra cita importante co Campionato de España de Tríatlon por Clubs e por Remudas Mixtas na Coruña (19 e 20 de xuño), que se celebrará conxuntamente coa Copa do Mundo de Paratríatlon.
Relacionadas:
-
Triatletas de todas as categorías participarán en Pontevedra no campionato de España de tríatlon sprint
Por Redacción |
-
Pablo Dapena e Anneke Forrest, gañadores da XX edición do trofeo Ciudad de Pontevedra de tríatlon
Por Mónica Patxot & Almu Dapena |
-
Pontevedra coroará este sábado ao primeiro equipo campión de tríatlon por remudas mixtas de Galicia
Por Manu Otero |
-
Axustes de calendario atrasan a outubro o Nacional Sprint de Tríatlon de Pontevedra
Por Redacción |
-
O grupo de elite do tríatlon do CGTD concéntrase en Lanzarote
Por Manu Otero |
-
Pontevedra repite presenza en 2021 no calendario nacional de tríatlon
Por Redacción |
-
A Federación e o Concello deciden que "non é o mellor momento" para celebrar na cidade o Campionato Gallego de Tríatlon
Por Redacción |
-
A FETRI poñerá a Pontevedra como exemplo para a organización competicións masivas ao aire libre
Por Redacción |
-
Fernando Alarza cólgase o ouro no Campionato de España Sprint de Tríatlon
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Remata a primeira xornada do Campionato de España Sprint de Tríatlon marcado polo Covid
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |