Cinco futbolistas con contrato e moitas incógnitas no novo proxecto do Pontevedra
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol empeza a pensar e planificar a que será a próxima tempada, na que competirá na nova Segunda RFEF, cuarto banzo do balompé nacional.
Os granates, tras evitar caer unha categoría máis na última xornada, abren un período de reconstrución aínda con moitas incógnitas no aire en relación á súa parcela técnica e a un plantel no que só cinco futbolistas contan con contrato en vigor.
Eses xogadores, todos eles de peso, serían Rufo, Charles, Oier Calvillo, Romay e Álex González. O ariete madrileño comprometeuse por dúas tempadas e media á súa chegada, restándolle por tanto un ano máis para expirar a súa vinculación, mentres que tanto Oier ao ser fichado desde a canteira de Osasuna como Romay e Álex González terían asinado por dúas campañas o pasado verán. Charles pola súa banda regresou a casa coa intención de espremer os seus últimos anos de fútbol e despois poder seguir vinculado noutras facetas co club.
Outros futbolistas contaban con cláusulas de renovación por obxectivos, principalmente vinculadas á categoría na que competiría o equipo, sen que se chegasen a cumprir.
Esta situación non é en todo caso garantía absoluta de continuidade, como tampouco é descartable a renovación doutros xogadores, especialmente de homes da casa como Churre, Santi o Martín Diz.
De todos os xeitos calquera movemento respecto diso está supeditado a pechar primeiro o nome do adestrador encargado de sentar no banco de Pasarón e tamén en quen será o encargado de confeccionar o plantel, tras a renuncia de Roberto Feáns a encabezar a dirección deportiva. Esas serán as primeiras pezas a encaixar nun proxecto co que o club granate espera recuperar o paso perdido este ano coa reestruturación da Segunda B.
Mentres iso non cristaliza, o club foise reunindo individualmente cos futbolistas para dar por pechada a tempada.
Relacionadas:
-
O Pontevedra prescinde de Luisito
Por Manu Otero & Diego Espiño |
-
Lupe Murillo confirma a renovación de Churre e avanza que o adestrador se saberá "calculo que la semana que viene"
Por Diego Espiño |
-
Xisco Campos despídese do Pontevedra: "Vuestras alegrías serán las nuestras, os seguiremos desde la distancia"
Por Diego Espiño |
-
Eneko Zabaleta pecha a súa etapa no Pontevedra e firma polo Calahorra
Por Diego Espiño |
-
Primeiros pasos para o Pontevedra 21/22
Por Diego Espiño |
-
A Segunda RFEF empeza a aclararse: Ascenso para o campión de grupo e catro prazas de play-off
Por Diego Espiño |
-
Toni Otero aterra no Pontevedra "con la ilusión de un niño pequeño cuando vuelve a su casa"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Toni Otero, confirmado como novo director deportivo do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Rufo xa pensa na próxima tempada co Pontevedra: "El club cuenta conmigo y yo quiero seguir"
Por Diego Espiño |
-
Charles oficializa a súa continuidade en Pasarón cunha mensaxe de perdón cara á afección granate
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra competirá o próximo ano nunha liga con 90 equipos divididos en 5 grupos de 18
Por Redacción |
-
Luisito: "Tiña claro que si chego a descender co Pontevedra non adestro máis"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Lupe Murillo pide desculpas pola "ilusión que generamos" e xa pensa en "buscar mejoras" para a próxima tempada
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Sufrimento e salvación con goleada final (3-0) para un Pontevedra que evita caer á Terceira RFEF
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |