Pasarón despídese da Primeira RFEF cunha asistencia media de 2.500 espectadores en liga
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol tiña moitas esperanzas hai un ano cando lograba asegurar o seu ascenso a Primeira RFEF, unha categoría que xeraba ilusión e que se esperaba que supuxese un impulso en moitos aspectos, un deles o apoio social.
Con todo, tras pechar a campaña pasada cunha gran entrada fronte ao Salamaca CF UDS, esa onda favorable non tivo continuidade nas bancadas, cunha asistencia media ao longo da tempada que se quedou nos 2.500 espectadores, menos dun cuarto do aforo total do Estadio Municipal de Pasarón.
A media extráese das cifras oficiais facilitadas polo club granate ao longo da tempada, en moitos casos baseadas en aproximacións e fóra do primeiro partido de liga contra Alcorcón no que non se ofreceu un número de asistencia, aínda que a realidade é que o campionato regular só en tres ocasións a asistencia mellorou á media final.
Foron os encontros fronte ao Real Madrid Castilla e RC Deportivo os de maior número de espectadores ao cifrarse en aproximadamente 6.300, aínda que no segundo caso con importante presenza de siareiros visitantes, mentres que na xornada inaugural ante o Alcorcón rozáronse os 3.000 afeccionados.
En canto ás peores cifras, en varias ocasións ao longo do curso situáronse en só 1.500 espectadores ou un número moi similar. Foi así contra o Talavera (1.500), San Fernando (1.614), Fuenlabrada (1.657), Raio Majadahonda (1.600), Algeciras (1.600) e Linares (1.500).
Certo é que na tempada aparece tamén a Copa do Rei, con 3.200 espectadores no duelo fronte ao Tenerife e aproximadamente 10.500, segundo dato do club granate, fronte ao Mallorca. Sumando estes dous duelos a media total da tempada ascende a 2.914 espectadores.
Cabe lembrar que, segundo o dato ofrecido pola propia presidenta do Pontevedra, Lupe Murillo, nunha rolda de prensa dada no mes de febreiro, nese momento eran 2.394 os socios cos que contaba a entidade da Boa Vila.
Unhas cifras afastadas do esperado en Primeira RFEF e que sinalan ao Pontevedra a que debe ser unha das súas principais liñas de actuación nos próximos anos, tentar recuperar a masa social que deixou de acudir con frecuencia ao Estadio Municipal de Pasarón.
Relacionadas:
-
Aumentar a asistencia a Pasarón, tarefa pendente do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A voltas, un ano máis, coa distribución dos grupos de Segunda RFEF
Por Diego Espiño |
-
Contar co filial na Terceira RFEF, unha arma para o Pontevedra na súa planificación deportiva
Por Diego Espiño |
-
Un Pontevedra orfo de director deportivo pero dando pasos no seu novo proxecto
Por Diego Espiño |
-
A Segunda RFEF na que militará o Pontevedra xa ten aos seus 90 equipos confirmados
Por Diego Espiño |
-
Miguel Román: "Agora mesmo quero crecer e o meu futuro non está no Pontevedra"
Por Diego Espiño |
-
Sergio Moreira despídese do Pontevedra despois de 12 anos: "Espero que a porta desta casa (que é a miña) sempre quede aberta"
Por Diego Espiño |
-
As opcións do Pontevedra para recuperar a Iñaki Martínez e Santi Figueroa caducaron no mercado invernal
Por Diego Espiño |
-
Jon Bakero rescinde o contrato que lle unía unha tempada máis co Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Diversión, nostalxia e bo ambiente no partido de homenaxe a Charles pola súa retirada
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Álex Masogo, primeiro adeus oficial no Pontevedra: "Foi unha honra poder defender este escudo"
Por Diego Espiño |
-
Semana de liquidación e despedidas no Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Álex González acaba a tempada axexando o top histórico do Pontevedra: "Espero poder volver a Primeira RFEF"
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
O adeus dunha lenda granate: Así quedan os números de Charles tras a súa retirada
Por Diego Espiño |
-
Empate dun digno Pontevedra fronte ao Depor no día do adeus de Charles (1-1)
Por Diego Espiño |
-
Aberto o casting ao banco de Pasarón
Por Diego Espiño |
-
Reestruturar o organigrama deportivo primeiro, planificar o plantel despois
Por Diego Espiño |