Buscando a la persona que se encarga del mundo

Pontevedra
25 de enero 2015

Domingos do Principal propuso en esta ocasión al público implicarse en la búsqueda que lleva a cabo la protagonista de una amiga muy particular que ha desaparecido, la que se encarga del mundo

'Bailando sin zapatos' de Lasal Teatro Diego Torrado

Domingos do Principal propuxo nesta ocasión ao público implicarse na procura que leva a cabo a protagonista dunha amiga moi particular que desapareceu, a que se encarga do mundo.

Os nenos só tiñan unha pista para poder atopala: gustáballe esconder segredos, crear tesouros con pequenos obxectos, grandes obxectos que escondía en lugares incribles e que eran un anaco dela mesma.

Así sobre o escenario puxéronse a buscalos, a unir todas as pezas para poder atopala. Deste xeito conseguiron saber todo sobre ela. E sobre o mundo.

Bailando sin zapatos é un belo espectáculo que a compañía La Sal Teatro trouxo este domingo ao Teatro Principal para mostrar aos máis pequenos todo un mundo por descubrir e que propuxo unha apaixonante viaxe á vez que unha aventura na que todos participaron.

Tratouse de atopar eses anacos da amiga desaparecida, eses obxectos grandes e pequenos que ela gustaba de esconder en lugares imposibles.

Unha vez máis, aínda que os nenos son os principais destinatarios da obra, os invitados preferentes á fantástica viaxe que organizou La Sal Teatro, Bailando sin zapatos non deixou de ser un espectáculo familiar que terminou cativando a todos os espectadores.