Amil sen eólicos

06 de diciembre 2023
Actualizada: 18 de junio 2024

Precisamos de moito control, porque si deixamos liberdade total, os recursos acaban desaparecendo.

A Natureza e as súas forzas sempre foron e serán oportunidades e recursos para a humanidade.

Como tales valores tamén sabemos que non están exentos de ameazas.

Esta dualidade dáse en moitos factores, como o vento, o mar, a auga da choiva e mesmo o aire que respiramos.

As Brañas do Acibal son un paraxe idílico, un locus amoenus. Debería de ter todalas figuras de protección ambiental e biolóxica que a lei prescribe nestes casos.

Precisamos de moito control, porque si deixamos liberdade total, os recursos acaban desaparecendo.

Digamos o mar, por exemplo. Ai, se non houbese control. O Mar iría a pique.

No tema das enerxías temos o Consello Económico e Social de Galicia (CES) que ven de reclamarlle a Xunta de Galicia a posta en marcha dunha Empresa Pública de Enerxía.

A titularidade das instalacións de xeración de enerxía eléctrica de Galicia está en mans de compañías extranxeiras, cuxa sede social e tributaria está fora da nosa Comunidade. O 88% da potencia da enerxía hidráulica e 75% da eólica.

O que reclama o CES é para que "cante outro galo galego".

Téñenno que pedir eles?. A Xunta de Galicia non o ve?

Oportunidades e recursos tamén son o seres vivos do ecosistema, a paisaxe; a paz o silencio e o aire que respiran estos veciños que non queren o parque eólico nos montes de Amil.

Os axados arqueolóxicos son parte primordial da nosa existencia e historia, legado atávico dos nosos devanceiros.

Como se pode desprezar esta peza tan fundamental da nosa cultura con un potencial económico ainda por descubrir?

A Xunta de Galicia está moi equivocada desatendendo as demandas da Sociedade que pide "AMIL SEN EÓLICOS".

 

Asinado: Gonzalo Sancho Blanco
Presidente de Vaipolorio