Cuco

06 de septiembre 2014
Actualizada: 18 de junio 2024

Cuco

Cuculus canorus

Cuco común

 

Descrición: Ave tímida, polo que resulta complicado obsérvala, aínda que a súa presenza delátao o seu característico canto, o famoso "cuu-cu, cuu-cu"que repite en sesións longas.

Ten lonxitude de (32-36 cm) e unha envergadura de (54-60 cm).

Os adultos son de cor gris menos no peteiro e na parte ventral, que teñen un barrado gris escuro. A cola longa, de cor cincento e os treitos finais mais escuros. As femias poden lucir dous tipos de plumaxe , un moi parecido o macho, e outro rubio aínda que non e tan común como o outro.

Hábitat: Acostuma a ocupar tódalas clases de bosques sen diferenza, aínda que adoita a preferir zonas húmidas con abundante vexetación palustre onde habitan varias das aves as que acostuma "parasitar" con mais frecuencia.

Alimentación: Adoita ter unha alimentación insectívora, baseada no consumo de larvas de diferentes bolboretas, tamén consume escaravellos, saltóns, grilos, lombrigas.

Niño: Cando se fala de parasitar e pola estratexia que utiliza o cuco, que consiste en depositar os seus ovos dentro dun niño de outra especie, a cal se encargara da incubación, coidado e alimentación da cría do cuco. A eclosión dos ovos do cuco soe anticiparse varios días a dos polos lexítimos, o que permite a cría de cuco votalos fora do niño, co cal se asegura de ter a comida en exclusiva para el. A este sistema de cría chámaselle nidoparasitismo.

Ave migradora e estival, que soe regresar polo mes de abril.

Ameazas: Debido o seu peculiar sistema de cría, non ten moitas ameazas, agás os insecticidas e os incendios forestais.

Incluída no catálogo nacional de especies ameazadas coa categoría "de especial interés".

Cuco
 

Traballo feito por Juan Ramón e Amancio Castro da Asociación Andaríns do Val do Lérez.